Anuncio creado hace más de 1 año
TRABALLADORA AUTÓNOMA
Máster de Profesora de Secundaria, Estudante de Maxisterio, Monitora e Directora de Tempo Libre.
Ofrezo clases de todas as materias de Primaria e das Linguas de Secundaria (Galego, Castelán, Inglés e Francés). Online ou a domicilio.
Teño 8 anos de experiencia traballando con peques e adolescentes en diferentes actividades: campamentos, animacións, como coidadora, profesora de extraescolares e de clases particulares.
A miña información máis relevante é a seguinte:
-Grao en Educación Primaria (en curso, USC).
-Máster de Profesorado de Secundaria (USC).
-Titulada Superior en Interpretación (ESAD Galicia).
-Monitora de Tempo Libre (8 anos de experiencia).
-Directora de Tempo Libre (< 1 ano de experiencia).
-Falo galego e español como linguas maternas e teño o C1 de Inglés e de Francés (EOI de Vigo).
-Teño carné de conducir e coche propio.
-Non fumo e non me gustan os ambientes nos que se fuma.
Enfoco o meu traballo dende a disciplina positiva, considero que é necesario marcar límites e tamén deixar que os nenos e nenas cometan erros para aprender deles. Acompaño de maneira activa cando sinten tristeza, frustración, enfado, etc. e axudo a que transiten esas emocións dunha maneira sana.
Como profesora adáptome ás necesidades e ao nivel de cada alumna ou alumno e traballo xunto coas familias para conseguir os resultados necesarios ou esperados.
Para máis información sobre os horarios exactos, a miña formación ou calquera outra consulta, non dubidedes en escribirme! Podedes facelo a través desta plataforma, revísoa case todos os días e chéganme as notificacións ao correo electrónico.
Sueldo deseado | 10,00 € a la hora |
Cobro 10€ a domicilio e 9€ se é online
Carmela puede proporcionales a petición los datos de contacto de antiguos empleadores que le recomiendan.
Confianza
Tarifas
Sueldo deseado | 10,00 € a la hora |
Cobro 10€ a domicilio e 9€ se é online