Sesións de Estimulación Musical Temperá a domicilio (0-3 anos). Cancións en galego, inglés, castelán; música clásica, xogos musicais e movemento. Desenvolver a musicalidade dos máis pequenos de forma natural e lúdica.
Os obxectivos destas sesións serán iniciarse na aprendizaxe de aspectos básicos da música como o pulso, o ritmo, a melodía; explorar as posibilidades sonoras do propio corpo (percusión corporal, voz) e de instrumentos simples de percusión; así como favorecer aspectos como a psicomotricidade, a capacidade auditiva, a concentración e a interacción a través da música.
Son músico, percusionista e especialista en pedagoxía musical (grado superior), con máis de 20 anos de experiencia como profesor de música e como instrumentista en proxectos e espectáculos didácticos para bebés e outras idades. Levo comigo todos os materiais necesarios (instrumentos variados: ukelele, guitarra, pequena percusión; boomwhackers; outros elementos didácticos, altavoz...)
Esta información la facilita el miembro; le recomendamos verificarla.
A leer: Buenas prácticas para contratar