Boas! Son Laura, teño 27 anos e cursei un máster en Educación Secundaria. Actualmente estou preparando oposicións para ser profesora de Lingua Galega e Literatura en educación secundaria. Alén das miñas competencias en galego e castelán, tamén teño un nivel avanzado de inglés e portugués.
Como profesora teño experiencia con alumnado de secundaria, tanto en prácticas como dentro do meu ámbito familiar máis próximo. A nivel persoal, son unha docente moi activa e empática, que conecta ben coa rapazada e que se esforza por estimular a súa curiosidade e comprensión profunda da materia (non só para memorizar contidos e vomitar nun exame). Para lograr isto, emprego moitos recursos audiovisuais, exemplos e actividades que reforcen a súa aprendizaxe.
Se pensas que podo servos de axuda ou tes algunha dúbida, non dubides en escribirme ou chamar! :)
Sueldo deseado | 7,50 € neto a la hora |
No tiene recomendaciones de momento, ¿tendrá dentro de poco la tuya?
Escribir una recomendación
Confianza
Tarifas
Sueldo deseado | 7,50 € neto a la hora |